Quenes somos
O sol de outono, unha compañía que brota dende o corazón da Costa da Morte para a creación de pezas teatrais.
Historia dunha nena namorada do mar
Nova peza teatral chea de tenrura e comicidade. Dirixida ao público familiar tanto para infancia como persoas adultas.
Esta Historia fala dos soños, da vontade de ser e chegar a ser o que a nosa alma expresa. sobre todo para unha nena galega que nace e medra preto do mar, ela quere ser Mariñeira.


Coñece a Soraya Lema Carballo
Actriz, contadora de historias e dramaturga (ademáis, Clown latente). Ademáis de pedagoga teatral e traballadora social con interese en mover mais o teatro facendo talleres educacionais en colexios e institutos.





